As matemáticas e as ferramentas 2.0: crear, compartir, colaborar ... un traballo interdisciplinario.
Judith Gómez
Pasamos da tecnoloxía como obxecto de estudo, era necesario aprender informática, á tecnoloxía ao servizo da metodoloxía. Son as estratexias metodolóxicas as que fan de determinar qué recurso tecnolóxico temos que utilizar. Os recursos tecnolóxicos axúdannos a adquirir as habilidades e estratexias necesarias para vivir na sociedade do coñecemento. A WEB 2.0 baséase nos sistemas que fomentan a transmisión da información e a colaboración entre as persoas para crear coñecemento social e por tanto, fomentan actitudes como a colaboración, o respecto ... capacidades ou habilidades como o pensamento crítico, pensamento creativo ou a xestión do propio coñecemento e competencias como a investigación, a produción do novo coñecemento e a comunicación ...