Obradoiros

Posibilidades para a aula dende unha perspectiva socio-política

Paola Valero

Neste obradoiro os participantes experimentarán unha actividade que invita a desenrolar distintos tipos de actividades matemáticas e a relacionalas coa vida dos estudantes como futuros cidadáns activos na sociedade. A partir das actividades mesmas, construiranse algúns puntos de discusión sobre as posibilidades da visión socio-política para as matemáticas escolares.

A competencia matemática e outras competencias sociais e actitudináis nos alumnos discapacitados motóricos

Javier Martín Betanzos

Os asistentes, organizados en grupos, deseñarán a resposta educativa a casos reais propostos. Teranse en conta:

  • As necesidades educativas de cada caso nos diferentes ámbitos.
  • Avaliar o estado das técnicas instrumentais e das capacidades básicas para aprender.
  • A organización das actividades escolares.
  • A utilización das axudas técnicas necesarias.
  • Necesidade de apoios ou servizos.
  • O posible manexo das TIC's.

A comunicación e a colaboración na aula para crear coñecemento social.

Judith Gómez

  • Crear un vídeo colaborativo sobre un concepto ou procedimento matemático e compartilo na rede.
  • Mostrar diferentes ferramientas 2.0 e o seu uso didáctico en matemáticas.
  • Crear un grupo na rede social Facebook onde compartir coñecemento entre as persoas participantes no taller.

Zapeando as mates

Mª Teresa Valdecantos

Cando se fala de T.I.C. non solo nos referimos á informática. Neste caso concreto voume referir á Comunicación. Noso alumnado ou está no ordenador ou está fronte a televisión. Non ten moito sentido loitar contra isto porque, como moito, son nosos/as cinco horas á semana. En vez de loitar contra corrente, ¿por qué non encontrar aquela que os/as leve ónde queremos? É cuestión de zapear e ir buscando qué cousas da caixa tonta nos poden servir para nosas clases.

Neste taller vou darvos unha serie trailers  para diversos niveis e áreas: xeometría, lóxica, aritmética … e incluso tremendos erros matemáticos.